
O itinerario do Programa de Tecnificación FGB recala este domingo, 8 de febreiro; en Lugo e O Grove, proseguindo co traballo destinado aos xogadores e xogadoras nados nos anos 2002, 2004, 2005 e 2006.
As Delegacións Zonais de Arousa e Lugo activan estas dúas convocatorias, da man do seus responsables deportivos directos, os cales supervisarán cada quenda de adestramentos, así como serán os artífices da labor de seguimento de cada participante.
As dúas citas deportivas en cuestión quedan establecidas do seguinte xeito:
Delegación Lugo (Lugo) – 08/02/15
Categoría: minibasket (2003 e 2004) e preminibasket (2005 e 2006)
Localidade: Lugo
Sede: Anexo 1
Horario
Minibasket masculino e feminino (2003 e 2004) 17:00 h a 18:15 h
Preminibasket masculino e feminino (2005 e 2006) (2002): 18:30 h a 19:45 h
Delegación Arousa (O Grove) – 08/02/15
Categoría: minibasket (2004) e preminibasket (2005 e 2006)
Localidade: O Grove
Sede: Pavillón Monte da Vila
Horario
Minibasket masculino e feminino (2004) 16:15 h a 17:30 h
Preminibasket masculino e feminino (2005): 17:30 h a 18:45 h
Preminibasket masculino e feminino (2006): 18:45 h a 20:00 h












