A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través da colaboración do Comité Galego de Árbitros e da Escola Galega de Adestradores, organiza unha xornada de FORMACIÓN ESPECÍFICA centrada no 3X3. A actividade terá lugar o próximo 5 de setembro no Monte do Gozo (Santiago de Compostela), de 18:00 a 21:00 horas. Esta cita será previa perfecta ao “II Torneo 3×3 Go Go Zo” que se celebrará esa mesma fin de semana (6 e 7 de setembro) na mesma sede e grazas á colaboración de Go Go Zo Festival.
A formación contará coa participación de Álvaro Leis, responsable autonómico CGAB na modalidade 3×3, e Andrea Pérez, seleccionadora Galega 3×3 U13 feminina e FEB. Ambos achegarán coñecementos técnicos e prácticos clave sobre esta disciplina en pleno crecemento. Iniciará a sesión Álvaro ás 18:00 h, para dar paso a Andrea que guiará a mesma de 19:00 h a 21:00 h.
A INSCRICIÓN ten un prezo de 5 euros e pode realizarse a través da nosa tenda de cursos e clínics. O prazo para tramitala estará aberto ata o 1 de setembro.










