O Comité Galego de Árbitros (CGAB) e a Fundación Breogán realizaron o pasado xoves, 21 de febreiro; a súa primeira actividade en colaboración, e as sensación foron inmellorables. Este traballo en común materializouse a través do “Proxecto Persoas”.
Cos compañeiros Jose Ángel e Carolina en representación do CGAB, os participantes no proxecto puxeron en práctica o seu mellor xogo limpo, deixando claro que no campo sempre hai sitio para tod@s!
Queremos agradecer a Jose Ángel e Carolina o seu compromiso e á propia Fundación Breogán por facernos partícipes dun espazo imprescindible, un escenario de valores, inclusión e deporte na súa máxima expresión.
Agardamos poder realizar de novo máis actividades man a man!.
Proxecto Persoas – Fundación Breogán
A Fundación Breogán, en colaboración coa Área de Deportes da Deputación de Lugo, ten en marcha a III Edición do Proxecto Persoas, unha iniciativa social e inclusiva que ofrece ás persoas menores con discapacidade a oportunidade de practicar baloncesto en condicións adaptadas ás súas necesidades.
O proxecto conta cun espazo accesible na pista principal do Pazo dos Deportes, material especializado e un equipo formado por adestradores, monitores, terapeutas e voluntarios. As actividades inclúen adestramentos semanais, visitas de xogadores do C.B. Breogán, asistencia a partidos. fomentando a inclusión social e os beneficios do deporte.
















