Árbitros e oficiais do Comité Santiagués compartiron experiencias cos colexiados do Monbus Obradoiro- Hestia Menorca.
O Comité Galego de Árbitros na súa delegación en Santiago organizou este martes unha xornada formativa que permitiu a árbitros e oficiais do citado Comité vivir en primeira liña un partido da Primeira FEB.
Os participantes mantiveron, antes do encontro entre o Obradoiro CAB e o Hestia Menorca, unha ampla conversa con Enrique López Herrada, Jaime Gómez Luque e Nicolás Murillo, os tres colexiados designados para dirixir o partido. Durante este encontro, o trío árbitral compartiu criterios, experiencias e a súa paixón polo arbitraxe cos seus compañeiros galegos.
Posteriormente, os membros do Comité Santiagués puideron presenciar o partido desde a bancada, continuando así co traballo de observación e formación continua que promove o CGAB.
Dende a Federación Galega de Baloncesto queremos agradecer á Federación Española de Baloncesto as facilidades prestadas para facer realidade esta iniciativa, así como ao Obradoiro CAB pola súa hospitalidade e pola invitación aos nosos colexiados.
Esta actividade enmárcase no compromiso do Comité Galego de Árbitros coa formación permanente e a mellora continua dos seus membros, achegándoos á elite do baloncesto nacional. Trátase, nete caso, dunha iniciativa que terá continuidade nesta mesma temporada.











