O Comité Galego de Árbitros activa os Curso de Iniciación 25-26

O Comité Galego de Árbitros (CGAB) pon en marcha os Cursos de Iniciación 2025-2026, unha formación semipresencial dirixida a novos aspirantes a árbitros e oficiais de mesa de baloncesto. O programa, que combina teoría en liña con práctica presencial, está estruturado en tres módulos e acumula un total de 10 horas lectivas distribuídas durante agosto e setembro.

Contidos e formato

  • Tres módulos complementarios que abarcan desde a aproximación ás regras básicas e a mecánica de xogo, ata o manexo de dispositivos e ferramentas de oficiais de mesa, rematando cun repaso e avaliación final.

  • Formación mixta (online + presencial): o primeiro módulo de 4 horas impártese en liña, o segundo (4 h) realiza prácticas en pista e o terceiro (2 h) céntrase na parte administrativa do CGAB e na proba final.

  • Calendario: as sesións desenvolvéranse entre o 29 de agosto e o 27 de setembro en distintas cidades galegas (A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa).

Requisitos e matrícula
OS cursos están abertos a todas as persoas maiores de 14 anos que desexen ser árbitros ou oficiais de mesa. A inscrición ten unha conta de 30 € (inclúe a licenza da Federación Galega de Baloncesto), e os alumnos terán que abonar posteriormente os gastos de seguro deportivo e uniformidade. Unha vez finalizada a formación inicial, incorporaranse aos plans de formación continua dos seus comités zonais para consolidar os coñecementos e desenvolver a práctica arbitral.

Inscrición e máis información
As persoas interesadas xa  poden acceder a TENDA DE CURSOS e a INFORMACIÓN completa da estrutura FORMATIVA. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias