
Estrea da temporada 2018 – 2019 da man do Comité Galego de Árbitros. O CGAB celebra esta fin de semana o seu Clínic de apertura, actividade imprescindible en cada inicio dun novo ciclo competitivo.
Na localidade de Marín, este sábado e domingo, 1 e 2 de setembro; reuniranse os colexiados galegos e oficiais de mesa de categorías ACB, FEB, CGAB Grupo 1, Sub23 e ESGAR (17-18), para establecer as bases de traballo e formación da nova temporada que comeza, así como para levar a cabo as correspondentes probas físicas e téoricas.
Baixo un programa completo, que contará ademáis coa presenza de convidados externos ao Comité que sumarán contido didáctico de calidade a este clínic, a carga de acción que afrontarán todos os colexiados citados resolverase do seguinte xeito:
CLÍNIC PRETEMPORADA CGAB – COLEXIADOS
01/09/18
(16:15 h – 16:30 h) Presentación.
(16:30 h -17:15 h) Revisión Informes.
(17:15 h – 18:00 h) Novas Regras.
(18:00 h – 18:15 h) Descanso.
(18:15 h – 19:15 h) Charla Formativa Adestrador: Gonzalo García de Vitoria (adestrador Rio Ourense Termal)
(19:15 h – 19:30 h) Descanso.
(19:30 h – 20:45 h) Paso cero e Técnica Individual,
(20:45 h – 21:45 h) Cea.
(21:45 h -23:00 h) Dinámica de Grupo (Perspectiva Psicolóxica).
02/09/18
08:00-08:45 Almorzo.
08:45-09:45 Probas Físicas.
10:15-10:45 Dinámicas de Control de Partido(a cargo do Director Técnico CGAB: Miguel Ángel Pérez).
10:45-11:30 Test de Regras.
11:30-12:00 Descanso.
12:00-13:30 Liña Arbitraxe FEB CAP. I (a cargo do Director Técnico Arbitral da FEB; Xabier Amorós).
13:30-14:30 Xantar.
16:00-17:30 Liña Arbitraxe FEB CAP. II (a cargo do Director Técnico Arbitral da FEB; Xabier Amorós).
17:30-17:45 Conclusións (a cargo do Director Técnico CGAB; Miguel Ángel Pérez).
17:45-18:15 Foto de Grupo.
18:15-18:30 Clausura.
CLÍNIC PRETEMPORADA CGAB – OFICIAIS DE MESA
02/09/18
(10:30 h – 10:45 h) Benvida e presentación.
(10:45 h – 11:30 h) Novas regras.
(11:30 h – 12:15 h) Revisión situacións de vídeo.
(12:15 h – 13:30 h) Unificación de criterios i.
(13:30 h – 14:30 h) Xantar.
(15:00 h – 15:30 h) Test de reglas.
(15:30 h – 16:45 h) Unificación de criterios ii.
(16:45 h – 17:00 h) Descanso.
(17:00 h – 17:45 h) Protocolos de comunicación.
(17:45 h – 18:15 h) Foto Final












