O Circuíto 3×3 URBAN “Deputación de Pontevedra” fixo seu o verán deportivo.
Xunto a el visitamos tres sedes, gozamos de seis xornadas de competición, e compartimos experiencias con centos de xogadoras e xogadores enchendo de baloncesto a provincia de Pontevedra.
Queremos dar as grazas a todos os participantes e a Puerto de Vigo, Concello de Vilagarcía e Concello de A Estrada por ser escenarios do máis acolledores.
Trasladar tamén o noso agradecemento á Deputación de Pontevedra polo seu compromiso e a súa aposta decidida polo deporte, e por seguir achegando o Baloncesto a espazos máis alá dos propios pavillóns
Despedímolo por este ano cun resumo dos mellores momentos que deu esta primeira edición.












