O Circuito 3×3 CaixaBank fai vibrar a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela vibrou este sábado 24 coa chegada do Circuito 3×3 CaixaBank 2025. A segunda parada desta tempada fixo vibrar á Praza do Obradoiro, ata onde se achegaron ao redor de 15.000 visitantes para asistir aos 153 partidos disputados e participar nas numerosas actividades realizadas baixo o novo concepto de ‘Cancha para todxs’.

A emblemática Praza do Obradoiro viviu unha xornada de festa este sábado 24 de maio co Circuito 3×3 CaixaBank. A segunda cita da décimo terceira tempada do maior circuíto 3×3 gratuíto e ao aire libre de España congregou a uns 15.000 visitantes. Un público que gozou cos 153 partidos disputados polos 404 xogadores e xogadoras dos 101 equipos participantes. Ademais de vivir o deporte, a xornada puxo ao dispor do público numerosas actividades lúdicas para todos. E tanto os xogadores como as familias e o público en xeral compartiron a experiencia co embaixador da FEB, Javier Beirán, xogador da Selección Absoluta 5×5 que gañou o Campionato do Mundo de 2019 e actual xogador da Selección Absoluta 3×3.

Para o éxito desta xornada do Circuito 3×3 CaixaBank 2025, a FEB e CaixaBank contaron co apoio e a colaboración do Concello da cidade e da Federación Galega de Baloncesto. Ademais da inestimable participación do equipo de voluntarios adscritos ao Programa de Voluntarios FEB-CaixaBank. Todo iso baixo o paraugas do lema ‘Cancha para todxs’, que combinou o compoñente meramente deportivo co carácter social do circuíto e impulsou actividades para familias, novas, nenos e nenas. Este elemento diferencial e clave no circuíto foi posto en valor por todas as institucións participantes na xornada.

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, afirmou que “é realmente magnífico poder ter unha actividade deste tipo en plena Praza do Obradoiro e en pleno corazón de Santiago. Unha actividade que aúna deporte, igualdade e inclusión, que permite a persoas de todas as idades e persoas con todas as capacidades vir e facer saber a todo o mundo que facer deporte é necesario e importante. Que hai que facelo todos os días e que non hai que ter unha idade nin unha condición física determinadas”.

Jose Manuel Caamaño, Director de área de CaixaBank en Santiago – Barbanza, aproveitou para lembrar que “para CaixaBank é un pracer estar aquí, traer o circuíto a Santiago de Compostela e a unha contorna inigualable como esta Praza do Obradoiro. Vimos aquí cun lema que é ‘Cancha Para Todxs’, que busca un enfoque máis inclusivo que nunca. Para que todos poidan participar e gozar do baloncesto. CaixaBank ten un mercado social e nós colaboramos co baloncesto desde hai moito tempo, e facémolo porque temos uns valores que nos identifican moito con este deporte, como é o traballo en equipo, a colaboración ou o afán de mellora. E, por último, animarvos a meter moitas triplas na canastra da Tripla Solidaria porque todos os que metamos van ter unha repercusión en diñeiro que imos destinar á Fundación Andrea, que fai un traballo incrible axudando ás familias que máis o necesitan”.

Pola súa banda, Julio Bernárdez, Presidente da Federación Galega de Baloncesto, declarou: “Estar aquí é unha tremenda alegría e quero agradecer a todas as institucións, Concello, CaixaBanka e FEB, que fan posible traer este evento a un marco incomparable como esta Praza do Obradoiro. Porque nós apostamos polo 3×3, unha modalidade que transmite bo rollo e camaradería, e imos seguir impulsándoa para que todos poidan tomar nota dos seus valores”.

Tamén quixo agradecer o evento Ana Bergado, Secretaria Executiva da Federación Española de Deportes de Persoas con Discapacidade Física: “Grazas por darnos a oportunidade de coñecer á FEDDF e grazas por impulsar a práctica do baloncesto 3×3, un deporte divertido cun ambiente xenial”.

E Javier Beirán, Embaixador da Federación Española de Baloncesto, destacou que “levo moitos anos xogando ao 5×5, pero os últimos estívenme dedicando máis ao 3×3 e como ben dicides é un deporte magnífico, (5:48) ten uns valores estupendos e estar aquí xogando ao baloncesto e facelo de forma inclusiva como estamos a facer hoxe é algo único”.

O Circuito 3×3 CaixaBank 2025 está a dar os seus primeiros pasos da tempada e, tras a parada de Santiago de Compostela, chegará o vindeiro sábado 7 de xuño a Cartagena. Este ano, o circuíto alcanzará as 10 paradas nun calendario que se estende ata finais de outubro.

O Circuito 3×3 CaixaBank 2025 poderase seguir en todos os seus detalles a través da páxina http://www.feb.es/circuito3x3.aspx

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias