O Comité Galego de Árbitros abre oficialmente a temporada 2022 – 2023 cos xa tradicionais Clínic de Pretemporada para colexiados FEB, Grupo 1 CGAB, Dispoñibles e Grupo Sub 23 e co Clínic de oficiais de mesa ACB E FEB.
As dúas citas terán lugar este sábado, 16 de setembro; o primeiro en formato presencial e o segundo de xeito online.
O Clínic Arbitral terá como sede a cidade de Lugo, configurándose como parte importante dos eventos que rodean a XXXVII edición da Copa Galicia Sénior masculina.
No mesmo, baixo a dirección de Miguel Ángel Pérez, DT do Comité, terán lugar as probas físicas correspondentes e as actividades teóricas que completarán un programa moi amplo, no que destacan tres actividades abertas á participación libre dos adestradores que o desexen:
- 16:00 h. Mesa Redonda “Situacións de criterio Arbitral” con:
Miguel Méndez, Seleccionador Nacional Feminino.
Antonio Pernas, Adestrador Durán Maquinaria Ensino.
Cristina Cantero, Adestradora Celta Zorka Recalvi.
Lino López, Adestrador Baxi Ferrol.
Miguel Ángel Pérez, Director Técnico CGAB – Internacional FIBA.
Paula Lema, Árbitra FEB.
Laura Piñeiro, Árbitra FEB.
Iris Díaz, Árbitra FEB.
- 17.45 h. Revisión de Criterios I con Miguel Ángel Pérez.
- 18.45 h. Revisión de Criterios II con Miguel Ángel Pérez.
Pola súa banda, o Clínic para Oficiais de Mesa realizarase de xeito online e cun horario marcado de 10:30 h a 14:00 h. A presentación da nova temporada e a unificación de criterios serán centro da sesión. Guiará a mesma Noelia Rodríguez, responsable CGAB da formación de oficiais.
Dende aquí desexar a maior das sortes a todos os compañeiros e compañeiras do CGAB que dan inicio a una nova temporada este sábado, e a aqueles que se incorporarán posteriormente no respectivos Clínics Zonais de cada Delegación.










