O CGAB estrea Curso de Iniciación á Arbitraxe 3×3

Comité Galego de Árbitros convoca o seu primeiro Curso de Iniciación á Arbitraxe 3×3

O CGAB estrea esta formación orientada ao Baloncesto 3×3 en exclusiva, animando a participar a todos aqueles árbitros xa federados e a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse como colexiados nesta modalidade.

A convocatoria realizarase de xeito  presencial este venres, 25 de abril; en Santiago de Compostela (instalacións colexio Cluny), en horario de 18:00 h  20:30 h.

INSCRICIÓN

Inscrición nesta estrea dos Cursos de Iniciación a arbitraxe 3×3 CGAB pode tramitarse xa de xeito gratuíto a través de FORMULARIO WEB.

A idade mínima para realizar o curso é a dos 14 anos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias