O CGAB, ante o inicio dunha nova temporada

Apertura oficial da temporada 2024 – 2025 para o Comité Galego de Árbitros. O Clínic de Pretemporada para colexiados FEB, Grupo 1 CGAB, Dispoñibles e Grupo Sub 23 e  Clínic de oficiais de mesa ACB E FEB darán o pistoletazo de saída ao novo ciclo deportivo. Farano este sábado, 7 de setembro; nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela, no caso dos árbitros; e en formato online no referido aos oficiais de mesa.

O Clínic Arbitral contará coa dirección de Miguel Ángel Pérez, DT do Comité, e no mesmo terán lugar as probas físicas correspondentes e as actividades teóricas e formativas que completarán un programa amplo.

Pola súa banda, o Clínic para Oficiais de Mesa realizarase de xeito online en horario de 10:00 h a 14:00 h. A benvida á nova temporada e a unificación de criterios serán centro da sesión, guiada por Noelia Rodríguez, responsable CGAB da formación de oficiais.

Invitación aos Clubs

No marco do Clínic Arbitral, o CGAB abre aos clubs a posibilidade de asistir ás intervencións dedicadas ao criterio arbitral. Deste xeito, todos os representantes dos clubs que o desexen poderá achegarse ata Compostela e participar nas seguintes sesións: 

(11:15 h) Protección ao Tirador, verticalidades e accións de Tiro.

(11.45 h) Antideportivas.

(12:30 h) Xogo de poste, xogo sin balón, pantallas.

(13:15 h) Control de partido, Simulacións e outros aspectos relacionados.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram