O Campionato “Xunta de Galicia” Mini e Premini converte un ano máis a A Estrada no epicentro do Baloncesto Base

O Concello de A Estrada renova, unha temporada máis e sumando xa doce anos, a súa condición de capital galega do Minibasket. Este sábado e domingo, 31 de maio e 1 de xuño; os Pavillóns Manuel Coto Ferreiro e CEIP Figueroa volverán ser escenario das Fases Finais FEGABA das Ligas Galegas de Minibasket e Preminibasket.

Chega ese momento da tempada no que o Concello da Estrada convértese por méritos propios no epicentro do Minibasket e Preminibasket Galegos. Grazas á colaboración e apoio directo do Concello, e o EDM Estradense, os 44 partidos que comprenden as Fases Finais dos Campionatos “Xunta de Galicia” Minibasket e Preminibasket encherán A Estrada de Deporte e dos seus valores engadidos.

O Alcalde da Estrada, Gonzalo Louzau; o Presidente FGB, Julio Bernárdez; Alfonso Sanmartín, Presidente do EDM Estradense; e o Director Técnico do CGAB; Daniel Illán; presentaron esta mañá as indicadas Fases Finais.

Os catro compartiron os detalles e características dunha cita que reunirá a un total de 44 equipos (16 preminis e 28 minis) que competirán polo título de campións galegos.

O Alcalde da Estrada, Gonzalo Louzau; recoñeceu a importancia desta fin de semana deportiva “das máis grandes que vivimos en A Estrada”. Este sábado e domingo “sacamos de novo a bandeira de capital galega de deporte base, sendo unha honra acoller a xa doceava edición desta cita”.

O Presidente FGB, Julio Bernárdez; manifestou a súa satisfacción por regresar con estas Fases Finais á Estrada cunha “festa fundamental para a Federación Galega de Baloncesto e para todos os nenos e nenas”.

O mandatario federativo instou tamén a gozar da fin de semana da festa do Baloncesto de formación coa “máxima consideración e respecto cara o rival”, recordando neste contexto que “os verdadeiros protagonistas están na pista”.

Bernárdez remarcou tamén o agradecemento ao Alcalde, ao departamento técnico de Deportes do Concello, e ao Club local, cómplices imprescindibles na organización do evento.

Alfonso San Martín, Presidente EDM Estradense; pechou o acto facendo fincapé na “hospitalidade do club con todos os afeccionados que se acheguen a desfrutar das Fases Finais”.

cartel (2)

A competición

Un total de 660 participantes reuniranse nas pistas dos Pavillóns Manuel Coto Ferreiro e CEIP Figueroa. A competición poñerase en marcha o sábado a partir das 9:30 horas e estenderase ata as FINAIS do domingo. Estas disputaranse en horario de tarde e en directo vía FEGABA TV.

Os equipos clasificados, así como o CALENDARIO COMPLETO de cada categoría, están xa dispoñibles en web e APP.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias