Orgullo do noso Presente, Pasado e Futuro. A Federación Galega de Baloncesto celebrou na noite do mércores, 11 de xuño; a Gala “Basketgal 2025”, recuperando a homenaxe do Baloncesto Galego que non se realizaba dende o ano 2007.
Repleto de ledicia por poder compartir emocións e recoñecementos, e por poder facelo entre todos, a noite recoñeceu aos mellores deportistas da presente temporada 2024 – 2025 e abriu un novo espazo, o das “Lendas do Baloncesto Galego”.
Encabezados polo Presidente FEGABA; Julio Bernárdez; que fixo fincapé no valor de dar o seu lugar ao “pasado, presente e futuro e unir a todo o Baloncesto Galego ao redor deste cometido”, as autoridades presentes, afeccionados, patrocinadores e medios de comunicación arrouparon e acompañaron unha intre tan especial, que tivo como absolutos e merecidos protagonistas aos artífices do legado do noso Balocnesto e aos mellores desta temporada 2024 – 2025 que son inspiración e referencia.
“Lendas” do Baloncesto Galego
Fernando Romay Pereiro
Susana García.
Juan Fernández García.
Vicente Rodríguez «Cholas».
Vicente Sanchís.
«Todo Básquet» (Ovidio González e Sergio Delpont).
Premios Tempada 2024/2025
Mellor árbitro: Carlos Cortés
Mellor xogadora sénior: Esther Castedo
Mellor xogador sénior: Sergi Quintela
Mellor adestrador: Lino López
Mellor club: Baxi Ferrol
Mellor xogadora de formación: Paula Salinas.
Mellor xogador de formación: Selección Galega Infantil Masculina.
Entidade acción social: Fundación Breogán.































