Honra e recoñecemento a persoas imprescindibles para o Baloncesto Galego nas distincións ao MÉRITO DEPORTIVO 2024 que a Xunta de Galicia vén de facer públicas este xoves, 20 de xaneiro; e que entregará o vindeiro mércores 26 na cidade de Ourense.
Entre o 99 premiados coa máxima condecoración do Deporte Galego, o noso Baloncesto conta cunha representación que nos enche de orgullo:
Provincia de A Coruña
José María Valeiro Iglesias (título póstumo). Presidente e alma mater de Santo Domingo de Betanzos.
Ana Díaz Meléndrez. Adestradora e Vicepresidenta da Federación Galega de Baloncesto durante a década dos 90.
Provincia de Lugo
Juan Bosco Casal Rodríguez. Árbitro CGAB dende a temporada 1992 – 1993 ata a 2022 – 2023.
María del Carmen Lence Ferreiro. Presidenta CB Breogán.
Provincia de Ourense
José María “Chema” Royo Sanz. Xogador e Adestrador en activo dende a temporada 1988 – 1989.
José Antonio “Sony” Vázquez Vázquez. Xogador Referente de Club Ourense Baloncesto. En activo como xogador dende o ano 1987 ata o 2011. Adestrador en activo AD Bosco Salesianos.
Carlos Rodríguez Diéguez. Xogador dende 1985 na disciplina do Club Ourense Baloncesto e con presenza noutros equipos nacionais.
Adolfo “Fito” López Arribas. Presidente do Club Ourense Baloncesto entre 1981 e 1992. Delegado da Federación Galega de Baloncesto en Ourense entre as temporadas 1995 e 1996.
José Luis Victoria Gómez Álvarez. Emblemático Adestrador na zona de Valdeorras, con 40 anos en activo. Fundador do Club ADAS Barco.
Miguel Ángel “Fosi” Álvarez Vázquez. Adestrador e Fundador das Escolas Deportivas Ourense.
Provincia de Pontevedra
Francisco Martínez Martínez (Título póstumo). Adestrador e Referente do Baloncesto Vigués de elite e formación.
Sara Gómez Ferreiros. Xogadora en activo ata a temporada 2022 – 2023, destacando na súa carreira AD Cortegada e CD Bosco.
José Antonio Gorgoso. Fundador, adestrador e directivo de AD Cortegada.
Telmo Silva Alonso. Adestrador e Especialista en Baloncesto. Preparador físico, sinalando a súa participación como tal no equipo feminino olímpico de baloncesto nos JJOO Atenas 2004.
Xeracións anos 70 – 80 Real Club Celta Baloncesto. A década dos primeiros e históricos títulos do RC Celta.
Os nosos Parabéns maís intensos a todos eles e elas. E o noso agradcemento por facer, dende cada unha das súas perspectivas, ao noso Baloncesto o que é actualmente!










