As distincións concédense en recoñecemento da labor ou traxectoria no ámbito deportivo de Galicia, así como pola contribución ao fomento do deporte na Comunidade.
Ledicia a deste xoves, 25 de xaneiro; ao coñecer as distincións ao MÉRITO DEPORTIVO 2023 que a Xunta de Galicia outorgará o vindeiro martes, día 30; en Ferrol.
Entre os 108 premiados coa máxima condecoración do Deporte Galego, o noso Baloncesto conta cunha representación que nos enche de especial orgullo.
Comezando polo noso Presidente de Honra, Francisco Martín, que dirixiu esta Federación entre o anos 2006 e 2023, o Baloncesto Galego queda impecablemente recoñecido:
Provincia de A Coruña
Tonecho Lorenzo (actual Delegado en Santiago FEGABA).
Miguel Juane (actual xuíz único do Comité de Competición FEGABA).
OAR FERROL
Obradoiro CAB
Provincia de Lugo
Juan Quiñoá Blanco (Recoñemento a título póstumo)
“Fran” Vázquez González
Provincia de Ourense
Julio Feijóo Pardo
José Luis Estévez Camiña
Diego Ocampo Vázquez
Provincia de Pontevedra
Maite Méndez Fernández
José Antonio Martínez Terzado
O vindeiro martes teremos a honra de vivir en persoa a cerimonia de entrega e recoñecer in situ a achega de todos e todas ao Baloncesto Galego, así como o seu legado.
Os nosos parabéns!










