Melilla, 23 de xuño de 2025. O baloncesto 3×3 galego rexistrou un actuación histórica no Campionato de España U13 e U15 de Seleccións Autonómicas celebrado en Melilla este sábado e domingo, 21 e 22 de xuño.
A nosa Comunidade colleitou tres metais en total, demostrando, nun fito histórico para o seu palmarés nos Nacionais; o bo nivel dos xogadores e das xogadoras galegas nesta modalidade.
U13 Masculino: Ouro para Galicia!
A categoría U13 Masculina foi onde Galicia subiu ao máis alto do podio. O equipo, composto por Iker Bouzas (Estudiantes Lugo), Antonio Rodríguez (Estudiantes Pontevedra), Breixo Lorenzo (CB Allariz) e Pedro Vázquez (Básquet Coruña), sorprendeu aos favoritos e fíxose co ouro. A pesar dunha derrota na fase de grupos fronte a Madrid, os mozos galegos mostraron a súa fortaleza nas eliminatorias directas. Deixaron atrás a Baleares en cuartos, superaron a Andalucía en semifinais e culminaron o seu excelente torneo vencendo a Cataluña na gran final cun marcador de 14-19, despregando un gran baloncesto 3×3.
Ao mando dos novos Campións de España está Alberto Estévez (Obradoiro CAB).
U15 Masculino: Prata para unha Gran Actuación
Galicia U15 Masculina tivo unha actuación excepcional, chegando ata a final e obtendo a medalla de prata. Despois dun percorrido sólido, enfrontáronse novamente a unha forte Andalucía no partido decisivo. A pesar dunha intensa loita, os andaluces impuxéronse cun 16-21.
Compoñen a selección: Fernando Fariña (Estudiantes Pontevedra), Aaron Espiñeira (Santo Domingo Betanzos) e Mateo Díaz (Basket School) e Adrián Pereira (Novobasket Vigo). Dirixe: Sergio González (Seis do Nadal)
U15 Feminino: Bronce de Valor
Na categoría U15 Feminina, a selección galega fíxose cunha meritoria medalla de bronce. Tras unha competición esixente, lograron asegurar o seu lugar no podio, demostrando a súa capacidade e esforzo fronte a seleccións de alto nivel. Cataluña levou o ouro nesta categoría, mentres que Andalucía conseguiu a prata.
Forman esta selección Marta Cortés (Ensino Lugo), Rosa Díaz (Ensino Lugo), María Gavilanes (Básquet Coruña) e Sofía Lago (Básquet Coruña). Adestradora: Raquel Salgado. (Vedruna)
Integran esta selección: Sofía Pérez (Porriño Baloncesto Base), Aroa Pérez (CD Galogrín), Adair Legaspi (Baxi Ferrol) e Noa Méndez (CAB Pontevedra).










