O Baloncesto 3X3 Chega a Ferrol da man da FEGABA e a Armada Española

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) e a Armada Española celebran en Ferrol este sábado, 15 de xuño; a I edición do Torneo 3×3 “Xornada Histórica da Armada”.

A actividade, prevista nun inicio para celebrarse no Patio de Armas do Tercio Norte de Infantería de Marina, trasládase finalmente, e por mor da previsión meteorolóxica, ao Pavillón de Batallones.

Neste escenario, reuniranse todos os atractivos do Baloncesto en modalidade 3×3, cun total de 33 equipos participantes e 132 xogadores. Cun marcado carácter lúdico, disputaranse 83 encontros cuxa competición será de carácter mixto e en categorías de infantil ata a sénior.

Co obxectivo de vivir unha festa do baloncesto, a xornada estenderase dende as 10:00 h ata as 19:30 h con acceso libre ao Pavillón para o público.

Agardámosvos en Ferrol!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram