
Inmellorables novas no baloncesto internacional para o adestrador galego, Miguel Méndez. Ao temón do Ekaterimburgo ruso, o técnico vigués conqueriu este domingo o título da Euroliga Feminina, ao impoñerse na final ao Sopron (72 – 53).
Miguel Méndez, ao que enviamos aos nosas máis sinceras felicitacións, convértese no primeiro adestrador galego de baloncesto en conseguir un título europeo, e o terceiro español en facerse coa Euroliga, todo un logro nunha xa de por si exitosa carreira deportiva.










