A nova tempada 2025 – 2026 iniciarase coa celebración do Torneo 3×3 Go! Go! Zo! os días 6 e 7 de setembro, nunha cita que promete superar as expectativas. Da man de Go! Go! Zo! e coa colaboración deportiva da Federación Galega de Baloncesto, actívase esta segunda edición do torneo, que terá lugar na Praza Exterior do Monte do Gozo, en Santiago de Compostela; cun ambiente marcado polo baloncesto, a música e os alicientes lúdicos para todas as idades.
Tras o éxito da súa estrea en 2024, o Go! Go! Zo! 3×3 regresa con forza, ampliando tanto o número de equipos participantes como a calidade das infraestruturas. Este ano, o torneo contará con dúas pistas oficiais homologadas pola FGB, o que reforza o nivel competitivo e garante unha experiencia máis completa para xogadoras, xogadores e público asistente.
A INSCRICIÓN * queda aberta dende hoxe mesmo e permanecerá activa ata esgotar as prazas dispoñibles en cada categoría: 12 equipos nas categorías sénior, júnior, cadete e infantil, que xogarán o sábado 6 de setembro; e 24 equipos en minibasket e 16 en premini, que disputarán os seus encontros o domingo 7 de setembro. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos, polo que a competición será de carácter mixto. Non é preciso contar con licencia federada para participar.
O torneo reafirma o seu carácter integrador e recreativo, posicionándose como unha cita sinalada dentro do calendario da tempada estival, cun formato pensado para fomentar a participación, a diversidade e o xogo en equipo. A organización mantén o obxectivo de ofrecer unha xornada deportiva atractiva, accesible e con enfoque social.
O II torneo 3×3 Go! Go! Zo! Go! Go! Zo! consolídase así como unha proposta que combina competitividade, ocio e acción social, nun espazo tan emblemático como o Monte do Gozo, á vez que contribúe á visibilización e promoción do baloncesto 3×3 como formato de total actualidade.
Formulario de Inscrición 06/09/25 – categorías Sénior, Júnior, Cadete – PECHADA
Categoría Infantil: inscrición xa pechada.
Categoría Cadete: inscrición xa pechada.
Categoría Júnior: inscrición xa pechada.
Categoría Sénior: inscrición xa pechada.
Formulario de inscrición 07/09/25 – categorías preminibasket e minibasket.
Categoría Minibasket: inscrición xa pechada.
*A categoría de inscrición é a correspondente á nova temporada 2025 – 2026.










