A Federación Galega de Baloncesto volverá a apostar polo formato máis dinámico e espectacular do baloncesto para dar comezo á tempada 2025–2026. O II Torneo 3×3 Go! Go! Zo! celebrarase os días 6 e 7 de setembro, convertendo de novo a praza exterior do Monte do Gozo en punto de encontro para xogadores, familias e afeccionados.
Esta cita busca unir competición e ambiente festivo, ofrecendo un espazo no que deportistas de distintas idades poidan compartir a súa paixón polo baloncesto. A organización prepara, como na pasada edición, un evento con ritmo, diversión e moito xogo continuo.
En canto á participación, as prazas están cubertas en todas as categorías, agás na categoría PREMINIBASKET, que se disputará o día 7 e na que segue aberta á inscrición. Ademais, se nesta categoría non se esgotan as prazas dispoñibles, ampliarase o cupo na categoría MINIBASKET que compite ese mesmo día.
Lembramos que o prazo de inscrición pechará o día 18. Se queres formar parte desta festa do 3×3, non agardes máis e asegura a túa praza.
Formulario de inscrición 07/09/25 – categoría PREMINIBASKET.
*A categoría de inscrición é a correspondente á nova temporada 2025 – 2026.










