O 3×3 FGB fará parada no Monte do Gozo, en Compostela o vindeiro mes de setembro.
A nova temporada 2024 – 2025 abrirase coa celebración do Torneo 3×3 Go! Go! Zo! os días 7 e 8 de setembro.
Da man de Go! Go! Zo! e coa colaboración deportiva da Federación Galega de Baloncesto actívase este Torneo 3×3, a celebrar na Praza Exterior do Monte do Gozo e con numerosos alicientes lúdicos.
O Go! Go! Zo! 3×3 está aberto á participación de equipos 3×3 dende categoría Preminibasket ata Sénior, podendo participar tanto xogadores e xogadoras federados como NON federados e equipos masculinos, femininos ou Mixtos. A competición poderá ser Mixta.
O sábado, 7 de setembro o O Go! Go! Zo! 3×3 abrirá a competición aos equipos de infantil ata Sénior. A xornada do domingo, 8 de setembro; será xa a quenda dos máis pequenos, as categorías Mini e Premini. En ambas as dúas xornadas, o Torneo contará con sorpresas, actividades paralelas e moita diversión axeitada a cada idade.
A inscrición neste O Go! Go! Zo! 3×3 está xa pechada en todas as categoría, unha vez marcado o prazo definitivo para tramitar a mesma










