Nova proposta formativa para os adestradores galegos, e especial para o alumnado dos cursos FGB organizados pola Escola Galega de Adestradores (EGA).
Decembro é o mes escollido para celebrar un novo “Seminario Formativo”, sumando nesta ocasión a colaboración do CAB Pontevedra. A cita terá lugar o vindeiro 8 de decembro (11:00 h) no Pavillón IES Frei Martín Sarmiento, contando con dobre sesión de charlas prácticas en pista.
Como responsables de impartir as mesmas estarán dous técnicos de dilatada traxectoria e con diferentes conexións co Baloncesto Galego: ás 11:00 h o portugués André Silva, Adestrador en CB Póvoa e técnico da AB Porto, entidade colaboradora da EGA; e a partir das 12:30 h o galego Ángel Castro, adestrador do CB Noia.
Inscrición
A solicitude de inscrición neste novo “Seminario Formativo” pode realizarse vía FORMULARIO WEB. O prazo para cubrilo permanecerá aberto ata o 4 de decembro (ás 12:00 h).
Validación
A asistencia a esta convocatoria computará como Formación Complementaria (FC) para o alumnado EGA, nesta ocasión a través de dúas opcións: validándose como asistencia ao propio Seminario ou como o equivalente a 10 Horas de FC.












