A Escola Galega de Adestradores (EGA), en colaboración co Concello de Betanzos o Santo Domingo de Betanzos, activa un novo Obradoiro Específico de Minibasket.
Baixo este formato xa coñecido para os adestradores e adestradoras galegas, a cita terá lugar o vindeiro 1 de maio no Pavillón Municipal José María Valeiro Iglesias, con Javier Codesido (Santo Domingo Betanzos) e Javier Cotelo (Maristas Coruña e EB Xiria) como relatores protagonistas.
Dous nomes que non precisan presentación no baloncesto de base galego: Javier Codesido acumula máis de 30 anos ligado á formación, os últimos 23 no Santo Domingo Betanzos, e foi seleccionador galego de minibasket en dúas ocasións da década dos 2000; Javier Cotelo leva adestrado de forma ininterrompida dende 1988, foi seleccionador galego en categorías Alevín e Cadete, e é un dos grandes impulsores do baloncesto de base na Costa da Morte e na Terra Cha. Ambos son ademais cofundadores da asociación 2 Pro Baloncesto, dedicada á promoción do baloncesto de base en toda Galicia.
O Obradoiro contará con dúas sesións:
(10:00 h) “Canastra pequena: unha proposta de progresión para a formación en minibasket”. Javier Codesido
(12:15 h) “Ferramentas metodolóxicas, físicas e técnicas para acadar o desenvolvemento do xogad@r de minibasket”. Javier Cotelo
Inscrición
A inscrición debe realizarse vía formulario online. A actividade está dirixida principalmente a adestradores, pero a participación no mesma será aberta, sempre previa solicitude no citado formulario.
Validación
A actividade considérase obrigatoria para o alumnado dos cursos de iniciación EGA. Os restantes alumnos dos cursos Nivel 1 e Nivel 2 poderán validar a súa asistencia completa por un total de 8 horas FC.










