A Federación Galega de Baloncesto activa nova oportunidade formativa para entrar a formar parte do mundo da arbitraxe!.
As regras de Baloncesto, coas súas infraccións e peculiaridades, así como a mecánica, finalización e funcións específicas dos oficiais de mesa serán a base da aprendizaxe nesta formación.
Durante este camiño didáctico, o cadro de técnicos do CGAB acompañará aos alumnos e alumnas nos seus pasos iniciais no mundo da arbitraxe, abríndolle as portas a un mundo no que o Baloncesto, pero tamén as experiencias persoais enriquecedoras, son protagonistas.
Oferta Formativa
A programación dos Cursos de Iniciación á arbitraxe 2024 – 2025 ampliase en outubro cunha nova convocatoria global. Esta formación realizarase de xeito unificado e virtual na súa parte teórica, e diferenciada por delegacións (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Vigo e Arousa) xa no apartado práctico:
INSCRICIÓN
A Inscrición nesta nova convocatoria dos Cursos de Iniciación a arbitraxe CGAB pode tramitarse xa a través da Tenda Formativa FEGABA.
O Curso ten un custe inicial de 30 euros (Inclúe Licenza FGB). Posteriormente, unha vez superado o curso, o alumno deberá aboar:
– O Seguro deportivo obrigatorio.
– Uniformidade (o custe desta amortizarase coa realización de partidos, nun máximo de tres meses. Para este proceso asinarase un documento de cesión da mesma, válido ata o pago total da roupa).
A idade mínima para realizar o curso é a dos 14 anos.












