Nova proposta formativa online no calendario da Escola Galega de Adestradores

Setembro chega con intensidade didáctica da man da nosa Escola Galega de Adestradores.O alumnado dos cursos FGB de Iniciación e Nivel 1 contan xa no calendario cunha nova proposta formativa marcada para o vindeiro luns, 9 de setembro.

En formato online e dirixida en exclusiva a aqueles alumnos pendentes de realizar horas de Formación Complementaria ou actividades FC, a EGA convoca Charla formativa que guiará Olga González Grande, Seleccionadora Cadete Feminina na Federación Madrileña de Baloncesto. A adestradora compartirá a súa experiencia baixo o epígrafe: “Atopar o Camiño Correcto en formación”.

Inscrición
A inscrición nesta Charla – Online pode realizarse xa vía FORMULARIO WEB. O prazo para completar a mesma estenderase ata o domingo, 8 de setembro (12:00 h). Unha vez cuberta esta marche, todos os inscritos recibirán unha ligazón á que acceder o propio día da actividade para formar parte da mesma.

Validación 

A asistencia a esta proposta virtual poderase validar por alguna das actividades incluidas na FC do Nivel 0 ou equivaler á 6 horas de FC.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram