Nova proposta de “Obradoiro Específico de Minibasket” activa no mes de outubro

A Escola Galega de Adestradores (EGA), en colaboración co CD Galogrín, convoca nova actividade no marco da Formación Complementaria para os alumnos dos seus cursos. Baixo o formato “Obradoiro Específico” e co Minibasket no centro da conversa, a cita terá lugar o vindeiro 12 de outubro no Pavillón Municipal de Calo – Teo, e cos técnicos galegos Iago Mariñas (Básquet Coruña) e José Ángel Rivera “Mozan” (CB Cuntis) como referencia.

Iago e “Mozan” impartirán dúas sesión prácticas en pista, diferenciadas pola súa temática:

(11:00 h) “Mozan”: Creación de vantaxes en 1×1.

(12:30 h) Iago Mariñas: Velocidade e acerto nas decisións de ataque.

Inscrición
A inscrición neste “Obradoiro Específico de Minibasket” poderá realizarse vía FORMULARIO ONLINE ata o próximo 10 de outubro (ás 12:00 h).

Validación

A participación íntegra nas dúas sesións poderá validarse por un total de 8 HORAS de formación complementaria para o alumnado dos Cursos de Iniciación ou pola propia asistencia á actividade específica (Obradoiro Específico de Minibasket).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram