Nova Plataforma de xestión deportiva FEGABA da man de “Gesdeportiva”

A temporada chega con importantes novidades. Nesta xa vixente 2024 – 2025, na Federación Galega de Baloncesto entramos a formar parte da familia “Gesdeportiva”.

Con este cambio, damos tamén un importante paso a un novo sistema de xestión deportiva, incorporando a experiencia e o bo facer que “Gesdeportiva” xa vén demostrando co seu traballo con outras sete federacións autonómicas (Andalucía, Murcia, Estremadura, Madrid, Asturias, Canarias e Melilla), catro federacións nacionais (Arxentina, Uruguai, Bolivia e Venezuela) e na Liga Ecuabet Basquet Prol de Ecuador.

“Gesdeportiva” está en desenvolvemento continuo e evoluciona constantemente para adaptarse ás necesidades das federacións e aos seus federados co fin de facerlles cada vez máis rápido e sinxelo o traballo diario. Nesta liña, e como importante punto de partida ofrecerá unha reunión virtual online sobre a nova plataforma FEGABA de xestión, dirixida a todos os clubs.

A mesma será este xoves, 4 de xullo; ás 12:00 h. O modo de acceso a esta cita online comunicarase a todos os clubs, vía mail oficial, por parte das Delegacións Zonais FEGABA.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram