Nova inscrición activa para o Torneo “3×3 Xornada Histórica da Armada”

Federación Galega de Baloncesto e Armada Española abren novo prazo de inscrición para a I edición do Torneo 3×3 “Xornada Histórica da Armada”, que terá lugar en Ferrol o vindeiro día 15 de xuño.

O Patio de Armas do Tercio Norte de Infantería de Marina será o escenario especial para este Torneo, reunindo todos os atractivos do Baloncesto en modalidade 3×3, así como diferentes propostas de ocio para os máis cativos.

Cun marcado carácter lúdico, a pista “3×3” oficial da Federación Galega de Baloncesto acollerá os encontros do Torneo, cuxa competición será de carácter mixto e aberta á inscrición de xogadores e xogadoras de categoría infantil ata a sénior. E para a que non será preciso contar con licenza Federada.

Todos os equipos que desexen participar neste Torneo 3×3 “Xornada Histórica da Armada” poden tramitar a súa inscrición a través de FORMULARIO ONLINE. 

Esta inscrición, aberta ata o 07 de xuño; é completamente de balde, sendo indispensable que cada equipo conte cun total de 4 xogadores e un responsable maior de idade.

Agardámosvos en Ferrol! 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram