Nova convocatoria aberta: o CGAB busca novos árbitros e oficiais de mesa

Ata o 4 de novembro está aberto o prazo de inscrición para a nova convocatoria dos Cursos de Iniciación 2025-2026 do Comité Galego de Árbitros (CGAB). Esta formación semipresencial está deseñada para quen desexe adentrarse no mundo da arbitraxe e no Baloncesto Galego.

Un programa mixto

A formación CGAB combina teoría online e experiencia práctica presencial. Con 8 horas lectivas repartidas en tres módulos, o curso arrancará o 6 de novembro co primeiro módulo teórico e continuará ao longo do mes segundo a sede elixida por cada participante.

A primeira sesión (2 horas en formato online) aborda as regras básicas e a mecánica de xogo. A segunda (4 horas en formato presencial) leva aos aspirantes directamente á pista para poñer en práctica o aprendido. O terceiro módulo (2 horas presenciais) péchase co funcionamento administrativo do CGAB e a avaliación dos coñecementos adquiridos.

Quen pode participar e como 

Calquera persoa maior de 14 anos interesada en formar parte do colectivo arbitral pode apuntarse. A matrícula custa 30 euros, cantidade que inclúe a licenza federativa da Federación Galega de Baloncesto. Ademais, será necesario abonar con posterioridade o seguro deportivo e a uniformidade.

Os novos árbitros e oficiais non rematan aquí a súa andaina: ao finalizar, integraranse nos plans de formación continua dos comités zonais, onde seguirán desenvolvendo as súas habilidades sobre o terreo de xogo.

Como formalizar a inscrición

A TENDA DE CURSOS xa está dispoñible para reservar praza ata o 4 de novembro. Toda a INFORMACIÓN detallada sobre a estrutura FORMATIVA pódese consultar no mesmo espazo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram