Nota Informativa Xunta Electoral 2026: situación, modificacións e estado actual do proceso electoral

A Xunta electoral das eleccións á Federación Galega de Baloncesto atendendo ó disposto no decreto 16/2018 no que se establecen as bases e criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas e a vista da resolución da secretaría xeral para o deporte de data 1 de abril de 2.026 na que se procedeu a modificar as datas do calendario electoral da elección a membros da asemblea xeral, presidente e comisión delegada da Federación Galega de Baloncesto

Informa que:

1o) A nova data para a convocatoria das eleccións, a publicación do regulamento electoral, a publicación do censo electoral provisional e a apertura do voto por correo será o día 4 de xuño do 2.026.

2o) Que ese día, 4 de xuño do 2.026, o censo electoral provisional será exposto publicamente no taboleiro de anuncios da federación, as delegacións e a páxina web e as persoas interesadas poderán presentar reclamacións durante o prazo de 10 días naturais ante a xunta electoral.

3o) Que se teñen por non realizadas as reclamacións feitas o censo electoral provisional, polo que todas aquelas persoas ou entidades que as presentaran deberán volver a realizar tal reclamación a partir do día 4 de xuño de 2.026.

4o) Recordamos tamén a toda persoa interesada que esta Xunta Electoral ten habilitada una dirección de correo electrónico no que poderán presentar calquera tipo de dubida ou consulta con respecto o proceso electoral, a dirección é a seguinte: eleccions@fegaba.com.

Acta Xunta Electoral 10/04/26 

Modificación: Calendario Electoral FEGABA 2026

Regulamento Electoral FEGABA 2026

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias