Co inicio desta nova tempada, comunicamos que, tal e como se trasladou na Asemblea Xeral 25-26; co obxectivo de priorizar o desenvolvemento formativo: as estatísticas individuais nas categorías Infantil, Preinfantil, Minibasket e Preminibasket non se amosarán na nosa APP “Afección Fegaba”.
Os datos de equipo, resultados e clasificacións xerais si seguirán dispoñibles.
Agradecemos a colaboración de clubs, corpos técnicos, equipos arbitrais e familias para garantir unha contorna deportiva centrada na formación e na aprendizaxe colectiva.
Agradecer tamén a comprensión se, ante este cambio, a nivel técnico, acontecese algunha incidencias nestas primeiras datas.












