Narón acollerá a Fase Final da XXXVIII Copa Galicia Sénior Feminina

A cidade de Narón será os días 19 e 20 de setembro o escenario da Fase Final da XXXVIII Copa Galicia Sénior Feminina. O Pavillón Municipal da Gándara acollerá unha nova edición da competición copeira, cita clave no calendario autonómico de pretemporada, organizada pola Federación Galega de Baloncesto en colaboración co Concello de Narón.

BAXI Ferrol, Durán Maquinaria Ensino e Celta Femxa Zorka teñen xa asegurada a súa presenza nesta fase final. O cuarto conxunto participante sairá da Fase Previa que enfrontará aos tres representantes galegos da Liga Feminina 2: CB Arxil, Maristas Coruña e Mariscos Antón Cortegada.

Fase Previa

A rolda clasificatoria disputarase en formato de liga a unha volta e decidirá o último billete para Narón. As datas e horarios son os seguintes:

  •  Maristas Coruña – Mariscos Antón Cortegada | 10/09/2025 – 21:00 h (92 – 58)
  • CB Arxil – Maristas Coruña | 13/09/2025 – 12:00 h
  • Mariscos Antón Cortegada – CB Arxil | 14/09/2025 – 17:00 h

Fase Final

As semifinais da Copa Galicia Sénior Feminina terán lugar o venres, 19 de setembro con orde e horarios de xogo pendentes de confirmación. O sorteo establecerá os cruces, nos que BAXI Ferrol e Durán Maquinaria Ensino exercerán como cabezas de serie pola súa condición de equipos de Liga Feminina Endesa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias