A Deputación de Ourense e a Federación Galega de Baloncesto poñen en marcha este verán o I Circuíto “Depourense 3×3 no Camiño”, unha iniciativa que converterá as prazas de cinco vilas da provincia en escenarios de diversión e deporte en estado puro.
O baloncesto 3×3 —modalidade olímpica e en auxe pola súa vertente urbana e dinámica— será o protagonista nos meses de agosto e setembro grazas á colaboración entre ambas as entidades, cun claro obxectivo: achegar o deporte á rúa e fomentar a participación en todas as idades.
Cinco citas, cinco vilas
O Circuíto desenvolverase en cinco sedes da provincia, cun formato de competición en xornada única por localidade. As datas confirmadas son as seguintes:
- 24 de agosto — Viana do Bolo (NOVA DATA)
- 16 de agosto – Xinzo de Limia – APRAZADO. Nova data por confirmar!.
- 30 de agosto – O Carballiño.
- 31 de agosto – Allariz.
- 4 de setembro – O Barco de Valdeorras.
Participación aberta
O torneo está aberto á inscrición de equipos compostos tanto por xogadores federados como non federados. Cada sede contará cun número limitado de prazas (8 por categoría) e a participación será independente en cada unha delas.
Contará con tres categorías de xogo combinadas por franxas de idade:
- Minibasket e Preminibasket
- Infantil e Cadete
- Júnior e Sénior
Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos, e a competición poderá tamén desenvolverse en formato mixto.
Cada equipo deberá estar composto por: un mínimo de 3 e un máximo de 4 xogadores e un responsable de equipo, que deberá ser maior de idade
Inscricións
As inscricións para cada sede xa están dispoñibles vía formulario web. Accede a eles aquí:
Xinzo de Limia (16/08/25) – INSCRICIÓN PECHADA.
O Barco de Valdeorras (04/09/25)
O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata completar as prazas dispoñibles en cada sede. Recoméndase formalizar a inscrición con antelación debido á limitación de equipos por categoría.










