
A Federación Galega de Baloncesto presenta “Estudio Basket FGB”, unha nova aposta audiovisual que actualmente se atopa en plena fase Beta.
A FGB, en colaboración con Pasión Media Comunicación, estrea esta proposta de carácter mensual e que toma o espazo da entidade federativa na plataforma YouTube, “FEGABATV”, como canle de distribución.
“Estudio Basket FGB” nace do desexo de dar maior visibilidade ao Baloncesto Galego e a todas as actividades do entorno federativo. No día de hoxe presenta o seu programa piloto, unha fase de proba na que dirixe e actúa como cara visible Alberte Zato, Vicepresidente FGB.
Agardando continuar co traballo, modificacións e melloras que o medio e as capacidades técnicas permitan, aquí se estrea o primeiro paso de “Estudio Basquet FGB”. Entre os seus primeiros nomes protagonistas; Lino López. Adestrador de Star Center Universiario Ferrol; Jacobo Rial, colexiado ACB e Xefe de estudos da Escola Galega de Árbitros; e Álvaro Abuín, Gustavo Motta e Fran Bonnel, técnicos das categorías Base de Estudiantes Lugo.










