MOUCHO: “moito máis que arbitrar”

Nace 𝗠𝗢𝗨𝗖𝗛𝗢. A Fundación Breogán e o Comité Galego de Árbitros (CGAB), e a nosa Delegación FEGABA en Lugo, poñen en marcha un novo proxecto para poñer en valor a figura arbitral como deportistas, educadores e referentes dentro e fóra da cancha.

Baixo o lema “Moito máis que arbitrar”, MOUCHO combinará accións de participación social e actividades educativas para achegar a arbitraxe á comunidade, promover o respecto e fomentar os valores do deporte.

Ademais, neste marco, ábrese o prazo de inscrición para os centros educativos, clubs deportivos e escolas deportivas que desexen participar nesta primeira edición:

  • 5 prazas dispoñibles
  • Adxudicación por orde de inscrición

O formulario de inscrición está dispoñible na sección “Inscricións” da web da Fundación Breogán. 

(Info Fundación Breogán / Foto: Lucas Ares)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram