Na memoria de Andrés Rico, espectador agredido nun encontro de balonmán de categorías de base o pasado mes de decembro e falecido esta semana, e en sinal de unión coa Federación Galega de Balonmán, o Baloncesto Galego gardará un minuto de silencio en todos os encontros FEGABA da xornada desta fin de semana, así como naqueles encontros de categoría FEB que os equipos galegos disputen como locais.
Reiteramos a nosa adhesión incondicional ao Balonmán Galego no seu indiscutible rexeitamento a violencia no Deporte, o único sentir que entendemos como posible e necesario.
De novo: o Deporte é RESPECTO, EDUCACIÓN e TOLERANCIA, e todos somos responsables de que así sexa.
Descansa en Paz, Andrés.










