Minuto de Silencio en memoria das vítimas da DANA

A Federación Galega de Baloncesto quere amosar e trasladar de novo as súas máximas condolencias e profundo apoio aos familiares e achegados das vítímas da DANA.

Informamos que, en mostra de total respecto e en memoria aos falecidos, gardaremos un minuto de silencio antes do comezo de cada partido das Ligas Sénior, Júnior, Cadete e Infantil (1 e 2 División) que se celebren os días 1, 2 e 3 de novembro.

Reiterar o noso apoio e ánimo a todas as persoas afectadas e ás implicadas nos traballos de rescate.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram