
O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, árbitro ACB e FIBA, Miguel Ángel Pérez Pérez, sumou este domingo unha nova presenza internacional á súa traxectoria como colexiado: a súa participación, en Ljubljana, na Final do Campionato de Europa Masculino U20.
Acompañado nesta cita polos colexiados Lamonica (Italia) e Belosevic (Serbia), Pérez Pérez formou parte desta final, que enfrontou ás seleccións de Francia e Lituania, e que se resolveu con vitoria axustada para esta última (50 – 49).
Dende aquí, felicitar a Miguel Ángel por esta nova experiencia, da que estamos seguros que recollerá novos coñecementos que compartir con todos os membros do CGAB.












