- O Pazo dos Deportes será escenario da Copa Galicia os vindeiros 20 e 22 de setembro.
- Río Breogán (Liga ACB), Leyma Coruña (Liga ACB), Monbus Obradoiro (Primeira FEB) e Club Ourense Baloncesto (Primeira FEB) serán os protagonistas.
Lugo acollerá a Fase Final da XXXVIII Copa Galicia Sénior Masculina os vindeiros 20 e 22 de setembro.
A cidade da muralla repite como sede da cita copeira, que xa se celebrou no Pazo dos Deportes a pasada temporada.
A confirmación de Lugo como sede chegou esta mesma mañá coa rúbrica da concesión da organización da Copa Galicia á Asociación Xuvenil Sagrado Corazón (AXSC), responsable xa da celebración desta Competición no 2023.
O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez; e o representante da AXSC, Rubén Engroba; asinaron o indicado convenio.
A xornada do venres, 20 de setembro, será a das semifinais, establecéndose o prato forte da Final para o domingo, 22 de setembro.
O Sorteo do calendario para esta XXXVIII edición, que enfrontará a Río Breogán (Liga ACB), Leyma Coruña (Liga Endesa), Monbus Obradoiro (Primeira FEB) e Club Ourense Baloncesto (Primeira FEB); realizarase proximamente.










