Lugo, preparada para a Fase Final da Copa Galicia Masculina

Lugo presentou, da man da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón (AXSC); a fin de semana da Copa “Xunta de Galicia” Sénior Masculina

Nesta posta de longo contouse coa presenza do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; do concelleiro de deportes do Concello de Lugo, Jorge Bustos; da Deputada de Cultura da Vicepresidencia de Deputación de Lugo, Iria Castro. Xunto a eles compartiron os detalles desta Fase Final o Presidente FEGABA, Julio Bernárdez; e o representante da propia AXSC, Rubén Engroba.

No aspecto estritamente deportivo, remarcaron o calendario de partidos e o proceso de venda de abonos e entradas, que continúa aberto a través de entradas.lugoebasket.es

Semifinais – Venres, 20 de setembro.

(18:00 h) Leyma Coruña – Monbus Obradoiro.

(20:30 h) Río Breogán – Club Ourense Baloncesto.

Final – Domingo, 22 de setembro. 18:00 h. 

Esta Fase Final da competición, virá acompañada de 2 actividades de referencia:

  • Programa “O Noso Basket” en directo. (Sábado 21, ás 19:30 h)
  • Cliníc dirixido a adestradores da man de Carles Durán. (Domingo 22, 11:45 h)


Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias