Galicia xa coñece ás Seleccións que competirán e desfrutarán no Campionato de España Infantil e Cadete 2025, a celebrar entre o tres e sete de xaneiro na provincia de Huelva.
Os equipos definitivos que conformarán cada Selección, cuxas listas oficiais hoxe compartimos, chegan a este intre tras afrontar unha completa etapa de preparación da que é obrigado recoñecer a todos os xogadores e xogadoras que teñen formado parte dela, así como aos seus clubs de orixe.
O noso agradecemento a todos eles, e en especial ao traballo realizado ao fronte da Preselección Galega Cadete Masculina por Víctor Pérez e Samuel Míguez, que finalmente non formarán parte do equipo.
Anunciar neste punto do camiño, na propia categoría cadete masculina, a incorporación dos técnicos Pablo Abuín (Estudiantes Lugo) e Sergio González (CB Seis do Nadal) como novos seleccionador e adestrador axudante, respectivamente. Ambos xa coñecen a dinámica das Seleccións, da que formaron parte en temporadas pasadas.
Axenda de traballo
As catro seleccións afrontan agora a recta final do seu traballo. A derradeira cita clave será a concentración marcada para os días 27, 28 e 29 de decembro no Concello de Marín.










