
Galicia xa coñece as súas Seleccións Autonómicas definitivas que competirán e desfrutarán no inminente Campionato de España Infantil e Cadete, a celebrar entre o tres e sete de xaneiro de 2020 na provincia de Huelva. Os equipos definitivos que conformarán cada Selección, cuxas listas oficiais poden consultarse nso documentos que achegamos, chegan a este punto tras afrontar unha completa etapa de preparación da que é obrigado recoñecer a aportación de todos os xogadores e xogadoras que teñen formado parte dela, así como dos seus clubs de orixe.
Plan de traballo
Mirando agora ao futuro máis inmediato, e rendabilizando ao máximo o tempo que ofrece o que resta de decembro, as Seleccións Galegas teñen agora ante si dúas citas cos adestramentos que repartirán do seguinte xeito:
Selección Galega Cadete Feminina
22/12/19 – A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro).
27/12/19 e 28/12/19 – Marín (Residencia San Narciso).
03/01/20 a 07/01/20- Campionato de España
Selección Galega Cadete Masculina
22/12/19 – A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro).
27/12/19 e 28/12/19 – Marín (Residencia San Narciso).
03/01/20 a 07/01/20 – Campionato de España
Selección Galega Infantil Feminina
22/12/19 – A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro).
27/12/19 e 28/12/19 – A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro).
03/01/20 a 07/01/20 – Campionato de España
Selección Galega Infantil Masculina
22/12/19 – A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro).
27/12/19 e 28/12/19 – A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro).
03/01/20 a 07/01/20 – Campionato de España
Galicia Infantil Masculina #KDTINF2020
Galicia Cadete Feminina #KDTINF2020
Calendario Infantil – #KDTINF2020
Calendario Cadete – #KDTINF2020
Galicia Infantil Feminina #KDTINF2020
Galicia Cadete Masculina #KDTINF2020










