O Leyma Coruña proclamouse campión da 40ª Copa Galicia tras impoñerse ao Río Breogán por 102-93 no Multiusos Fontes do Sar. O equipo dirixido por Carles Marco dominou boa parte do partido ante os lucenses e selou o título, facéndose coa súa segunda Copa Galicia da historia. A primeira delas databa de 1996, con Sondeos del Norte. 30 anos despois o título copeiro por excelencia do Baloncesto Galego tinguiuse de laranxa.
Desde a FEGABA, os nosos Parabéns a Básquet Coruña polo título, así como a Río Breogán polo seu papel en toda a Fase Final.
06/09/26 – Final
Leyma Coruña – Río Breogán (102 – 93)
MVP: Alonzo Verge Jr.
Colexiados: Jacobo Rial, Paula Lema e Laura Piñeiro












