
Baloncesto e máis baloncesto, técnica e táctica individual, concursos, agasallos, inglés de baloncesto e audiovisuais. Todo iso está preparado en Ferrol do 16 ao 21 de xuño dentro do IX Campus Chiquibasket.
A novena edición do tradicional “Campus Chuiquibasquet” mantén xa aberto o seu prazo de inscrición. A actividade, habitual das datas de verán na comarca de Ferrolterra, chega un ano máis coa súa ampla oferta lúdico deportiva.
Da man de experimentados adestradores, e coa visitada de convidados de élite, esta actividade, que dirixe o actual adestrador de Embutidos Pajariel Bembibre, Chiqui Barros; contará tamén coa colaboración de Carlos Cortés, árbitro ACB e Internacional FIBA; Alberto Rodríguez, adestrador e xogador do Conservas de Cambados (LEB PRATA) e que esta tempada estableceu varios records totais na competición; e Lucho Fernández, ex-ACB.
Entre os monitores, contarase coa presenza de Héctor Piñeiro (axunto á dirección do campus), Sandra Prieto, Carlos Vila e Jorge Varela.
Todos estes nomes, sumados a outras incorporacións nas que traballa a día de hoxe a organización do campus, crearán un ambiente deportivo cuxos detalles poden consultarse, ao completo, por diferentes vías:
Web: http://chiquibasquet.wordpress.com
Email:chiquibasquet@gmail.com










