
Club Baloncesto Universidade de Vigo – Lagoas presenta a IV edición do seu “Clinic de Baloncesto Campus Ourense”, marcado nesta ocasión para celebrarse o vindeiro 2 de xullo no Pavillón Universitario da propia cidade das Burgas.
Dando vida a unha nova edición desta cita formativa estarán en programa tres adestradores consagrados e dos que todos os asistentes poderán extraer ampla aprendizaxe: Jota Cuspinera, técnico do Fuenlabrada de Liga Endesa; o galego Antonio Pérez, actual adestrador do C.B Clavijo de LEB Oro; e Eduardo Pascual, Director Deportivo de Movistar Estudiantes na Liga Endesa.
Os tres distribuirán a súas intervencións en horario de mañá e tarde, cubrindo a xornada dende as 10:00 h do seu inicio.
Información e Inscricións
Os detalles completos do Programa deste “IV Clínic Baloncesto Campus Ourense”, así como as posibles modalidades de inscrición no mesmo, con prazo límite para este proceso establecido no 1 de xullo, poden consultarse nos trípticos oficiais que achegamos así como vía mail: cliniccampus@hotmail.com
Remarcar a opción de validación FGB para todos aqueles alumnos dos Cursos Federativos que asistan de xeito íntegro a esta convocatoria. A súa participación será equivalente a un total de 8 HORAS de formación individual complementaria.
IV Clinic de Baloncesto Campus Ourense – Tríptico 1
IV Clinic de Baloncesto Campus Ourense – Tríptico 2












