
A Área de Adestradores da FGB mantén aberto o prazo de inscrición nos tres cursos de iniciación programados para este mes de decembro, tres convocatorias a celebrar nas Delegacións de Vigo, Ourense e A Coruña.
Delegación en Vigo: A zonal viguesa promove a celebración do seu curso de iniciación nas datas do 21, 22, 28 e 29 deste mes, escollendo as instalacións do Colexio Maristas (Vigo) como escenario das 35 horas de carácter presencial que se esixen. O prazo de inscrición para participar das mesmas permanecerá aberto ata o 18 de decembro.
Delegación en Ourense: a Delegación en Ourense repartirá este tempo lectivo entre os días 21, 22, 23 e 28 de decembro, establecendo o día 13 dese mesmo mes como a data tope para tramitar a inscrición no Curso.
Delegación A Coruña: a convocatoria coruñesa está programada para levarse a cabo as xornadas do 20, 21, 22 e 23 de decembro. Abrindo tamén, ata mediados do mes de decembro, a posibilidade de inscribirse.
Normativa e Requisitos
Os detalles que determinan a programación xeral do novel iniciación agrúpanse no documento oficial que se achega. Así mesmo, todos aqueles interesados en acometer o seu proceso de inscrición, independentemente da localización, non deben perder de vista os seguintes requisitos básicos:
– Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso.
– Abonar a cota de preinscrición (200 euros), que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
Para unha información ao detalle (sede do cursos, plan horario e materias), o departamento de adestradores atende as consultas concretas a través de cada delegación implicada:
delegacionvigo@fegaba.com
delegacionourense@fegaba.com
delegacioncoruna@fegaba.com
Convocatoria: Iniciación 2013 – 2014
Formulario de inscrición – Cursos de Iniciación












