
As Preseleccións Galegas Infantil e Cadete Masculinas teñen cita coa competición esta fin de semana, 9 e 10 de decembro. Os combinados que dirixen Javier Peinó e Tito Díaz, en categoría infantil e cadete, respectivamente; viaxarán ata a localidade asturiana de Pola de Lena, sede do III Torneo que leva o seu mesmo nome.
Xunto ás seleccións da propia Asturias, País Vasco, Castilla Leon e o equipo Júnior do Gijón Basket, os xogadores galegos serán partícipes desta confrontación amigable, a derradeira no seu camiño de preparación para o Campionato de España, a celebrar en Valladolid o vindeiro mes de xaneiro.
Todos os encontros disputaranse no Polideportivo Municipal de Lena cos seguintes horarios:
INFANTIL
09/12/17
10:00 h ASTURIAS – PAIS VASCO
12:00 h GALICIA – CASTILLA LEON (59 – 102)
17:00 h ASTURIAS – GALICIA (68 – 86)
19:00 h CASTILLA LEON – PAIS VASCO
10/12/17
09:45 h GALICIA – PAIS VASCO (73 – 22)
11:45 h ASTURIAS – CASTILLA LEON
CADETE
09/12/17
10:00 h GALICIA –GIJON BASKET JR. (114 – 42)
12:00 h ASTURIAS – PAIS VASCO
17:00 h PAIS VASCO – GIJON BASKET JR.
19:00 h ASTURIAS – GALICIA (64 – 89)
10/12/17
09:45 h GALICIA – PAIS VASCO (58 – 92)
11:45 h ASTURIAS – GIJON BASKET JR.
Preselección Galega Cadete Masculina: 9 – 10/12/17
Preselección Galega Infantil Masculina: 9 – 10/12/17










