As Seleccións de Minibasket de Castilla León, Asturias e Euskadi serán as convidadas por Galicia para a desputa, xunto a ela, do III Torneo de Seleccións “Concello de Marín”, a celebrar nesta vila pontevedresa os vindeiros 7 e 8 de febreiro.
A terceira edición desta competición, promovida pola Federación Galega de Baloncesto, visita Marín por primeira vez, tras un periplo que empezou no 2014 en Ribadeo e recalou en Narón no pasado ano.
Esta mesma mañá, co apoio de diferentes personalidades do propio Concello e da FGB, así como coa visita sempre atractiva de Fernando Romay, padriño do evento; presentáronse na casa consistorial de Marín os detalles da cita, que xa ten mobilizados todos os seus activos organizativos.
O Presidente FGB, Francisco Martín; acompañado neste acto por María Ramallo, alcaldesa de Marín; e representantes do club local, o Peixegalego; deu a súa calurosa benvida a unha nova etapa deste Torneo e agradeceu o elevado compromiso para co mesmo tanto do Concello como do club e da Deputación de Pontevedra.
Calendario
Este III Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín” comprenderá dous xornadas de xogo, repartindo as súas dúas categorías, masculina e feminina, nos Pavillóns de Sequelo e A Raña do seguinte xeito:
Minibasket Masculina
Pavillón Sequelo – 07/02/16
(10:00 h) Galicia – Castilla León
(12:00 h) Euskadi – Asturias
(17:00 h) Galicia – Euskadi
(19:00 h) Castilla León – Asturias
Pavillón Sequelo – 08/02/16
(10:00 h) Euskadi – Castilla León
(12:00 h) Galicia – Asturias
Minibaket Feminina
Pavillón Municipal A Raña – 07/02/16
(10:00 h) Castilla León – Asturias
(12:00 h) Galicia – Euskadi
(17:00 h) Euskadi – Asturias
(19:00 h) Galicia – Castilla León
Pavillón Municipal A Raña – 08/02/16
(10:00 h) Euskadi – Castilla León
(12:00 h) Galicia – Asturias










