AB Xinzo activa a segunda edición do seu Clínic de Adestradores Base “Cidade de Antioquía”.
A actividade formativa, dirixida a adestradores de categorías base e marcada para celebrarse o vindeiro 22 de xuño no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia, trae consigo un programa completo de charlas que se estenderá dende as 09:00 h ata ás 20:00 h da tarde.
Os protagonistas do mesmo serán os técnicos Albert Batalla, Toni Carrillo e Héctor Abelaira. Os tres afondarán en diferentes aspectos do Baloncesto, repartindo as súas intervencións de xeito equilibrado ao longo de toda a xornada.
A temática das súas charlas, así como os detalles do proceso de inscrición; poden consultarse na información gráfica que achegamos, e nas propias redes sociais do AB Xinzo.
II Clinic “Cidade de Antioquía”
Validación Horaria
A participación, de xeito completo, neste II Clínic de Adestradores Base “Cidade de Antioquía” poderá validarse por un total de 12 horas de formación complementaria para os alumnos dos Cursos que regula a Escola Galega de Adestradores (EGA).












