I Clinic Grelo Santo Domingo Betanzos

Santo Domingo Betanzos, en colaboración co Concello de Betanzos e a empresa de comunicación GRELO, pon en marcha o “I Clínic Grelo Santo Domingo Betanzos”, unha oportunidade única para ver ao veterano e premiado adestrador madrileño, Pepe Laso, e a Quique Fernández, experto adestrador especializado na mellora individual dos mozos.

A cita marcada para os días 24 e 25 de xuño terá como sede o Polideportivo Municipal de Betanzos e contará con charlas e sesións prácticas en torno ás “Prioridades do adestrador para a mellora do xogador” e nos retos dos técnicos á hora de formar xogadores novos.

Inscrición 

Os adestradores e adestradoras que desexen formalizar a súa inscrición deberán enviar un email a info@santodomingobetanzos.com indicando: nome e apelidos, DNI – ID, club de procedencia e a necesidade ou NON da validación horaria. Neste mesmo correo será tamén preciso achegar o xustificante bancario do pago (20 euros) na conta de CAIXABANK”: ES13 2100 – 2768 – 57 – 0200048235

Validación Horaria 

A participación, de xeito completo, neste “I Clinic Grelo Santo Domingo Betanzos” poderá validarse por un total de 8 horas de formación complementaria para os alumnos dos Cursos que organiza a nosa Escola Galega de Adestradores (EGA).

 

 

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram